Devolución taxas cobradas de máis en espectáculos de Fin de curso

Martes, 9 de Xullo de 2024

Poderán solicitarse a partir do 10 de xullo nas Oficinas do Padroado en horario de 8:30 a 13:30 h.

O mércores 10 de xullo abriremos o prazo para a solicitude da devolución das cantidades que, por un erro no cálculo da taxa, foron cobradas de máis nos Festivais de fin de curso das Escolas de:

  • Bailes de salón (celebrado o 31 de maio)
  • Música e Baile Tradicional (celebrado o 1 de xuño)

A causa de dito erro, o prezo das entradas foi de 2,5 € cando debería ter sido de 2 €. As persoas interesadas poderán agora reclamar esa diferenza de 0,5 € cobrada de máis en cada entrada. Deberán facelo nas oficinas do Pazo da Cultura, en instancia normalizada, acompañada do modelo de datos bancarios e as entradas obxecto da solicitude de devolución, en horario de 08:30 a 13:30 h.