O PADROADO
O Concello de Narón puxo en marcha no ano 1981 o Padroado da Cultura, que é un ente autónomo, coa finalidade de darlle canle á participación dos sectores implicados no fenómeno cultural.
As entradas poden recollerse, de balde, no despacho de billetes do Pazo desde o luns día 4
O Pazo da Cultura acollerá o vindeiro domingo día 10 a comedia musical Elisa e Marcela, da compañía de teatro A Panadaría. Marcela e Elisa (esta vestida de home) casaron na Coruña en 1901, acontecemento a partir do cal as cómicas realizan unha reconstrución irreverente no que se mesturan persecucións policiais, fuxidas, cambios de identidade e información manipulada. A comedia está recomendada para xente moza e público adulto e comezará ás 19.00 horas.
As entradas poden retirarse, de balde, do despacho de billetes do Pazo da Cultura desde o luns día 4, entregándose un máximo de dúas por persoa.