CIne ao aire libre en San Xiao

Xoves, 30 de Setembro de 2021

O Padroado da Cultura proxectará o filme "Folerpiña de Neve" na Pista polideportiva de S. Xiao

O venres día 1 de outubro o Padroado da Cultura porá fin ao ciclo de Cine de Verán coa proxección na Pista Polideportiva de S. Xiao do filme "Folerpiña de Neve", que fora adiada no seu momento por mor das condicións meterolóxicas. A proxección comezará ás 21:00 h. e a entrada é de balde. Coa proxección deste filme o Padroado pon fin ao ciclo de Cine de Verán que este ano proxectou 8 películas en diferentes parroquias do Concello, tanto do rural, como do urbano.