O PADROADO
O Concello de Narón puxo en marcha no ano 1981 o Padroado da Cultura, que é un ente autónomo, coa finalidade de darlle canle á participación dos sectores implicados no fenómeno cultural.
Todos os xoves e venres de xullo, a partir do día 7, haberá proxeccións ao aire libre en distintos puntos de Narón
O xoves 7 de xullo dará comezo, un ano máis, o ciclo "Cine de Verán", con proxeccións todos os xoves e venres ás 22:30 h en diferentes puntos ao aire libre de todo o municipio, con entrada de balde. Esta proposta, pensada fundamentalmente para o público infantil e familiar, está organizada en colaboración coa Deputación da Coruña. O calendario previsto de proxeccións é o seguinte: