O PADROADO
O Concello de Narón puxo en marcha no ano 1981 o Padroado da Cultura, que é un ente autónomo, coa finalidade de darlle canle á participación dos sectores implicados no fenómeno cultural.
O prazo de inscrición estará aberto do 12 ao 16 de xuño
O próximo luns, día 12 de xuño, abriremos o prazo de inscrición para os "Campamentos culturais no Pazo", tal e como informou a concelleira de Cultura, Olga Ameneiro. Haberá un total de 225 prazas distribuídas en tres quendas:
Haberá tamén tres grupos de idade, tendo en todos eles preferencia as nenas e nenos empadroados en Narón:
As inscricións poderán formalizarse no Pazo ata o venres 16 de xuño, en horario de 9:00 a 13:00 h, e terán un custo de 50 euros por quincena.
Os campamentos desenvolveranse en horario de mañá, de 9.00 a 14.00 h, nas instalacións do Pazo da Cultura, se ben se poderá realizar a entrada a partir das 8.00 h. Durante as diferentes quendas levaranse a cabo actividades como xogos tradicionais, manualidades, baile (tradicional, de salón, moderno, caribeños…), haberá proxeccións de cine, xogos en equipo, actividades de relaxación, vencelladas ao coñecemento dos instrumentos tradicionais, xincanas, etc.