O PADROADO
O Concello de Narón puxo en marcha no ano 1981 o Padroado da Cultura, que é un ente autónomo, coa finalidade de darlle canle á participación dos sectores implicados no fenómeno cultural.
O Padroado da Cultura alerta sobre un posible fraude que circula en internet sobre un evento no Pazo da Cultura
Ante a información que aparece publicitada a través do enlace III Xornadas de Márketing, Vendas e Tecnoloxía Entradas, Vie, 21 abr. 2023 a las 10:30 | Eventbrite, o Padroado da Cultura do Concello de Narón informa de que o devandito evento non se levará a cabo nas instalacións do Pazo da Cultura.
Este Padroado descoñece calquera tipo de información relacionada con este evento. Así mesmo, non ten constancia de que esta actividade poida ser real noutro espazo ou simplemente unha fraude.
Calquera actividade que se realice no Pazo da Cultura sempre será publicitada na páxina oficial do Padroado da Cultura do Concello de Narón.