O PADROADO
O Concello de Narón puxo en marcha no ano 1981 o Padroado da Cultura, que é un ente autónomo, coa finalidade de darlle canle á participación dos sectores implicados no fenómeno cultural.
Ante a normativa anti COVID-19 vixente a día de hoxe nos vemos obrigados a aprazar os siguientes eventos:
"A lingua das bolboretas" de Sarabela Teatro, que pasa a representarse os días venres 30 de abril ás 20.30h e sábado 1 de maio ás 20.00h.
"Melancoholemia" de Con de Tres Pés S.L., que se representará o sábado día 17 de abril ás 20.00h
"Don Gaiferos" de Monicreques de Kukas, que pasa ao domingo día 18 de abril ás 18.00h
O concerto de Carla Green previsto para o venres 12 de febreiro queda anulado ao igual que a obra de Els Joglars, Señor Ruiseñor. Destes dous eventos cancelados, faremos as devolucións pertinentes nos respectivos abonos das entradas de abonado de forma automática, e no caso de entradas pagadas con outra forma de pago, se terán que solicitar no despacho de billetes do Pazo a través do 981 102 897, ou escribindo un correo electrónico a taquilla.pazo@naron.es
Esperamos a súa asistencia aos eventos nas novas datas, aínda que se o desexan poden solicitar o reembolso das entradas na misma forma de pago ata a data na que se realizaría orixinalmente o evento.
Calquera dúbida estamos á súa disposición,
Un cordial saúdo,