O PADROADO
O Concello de Narón puxo en marcha no ano 1981 o Padroado da Cultura, que é un ente autónomo, coa finalidade de darlle canle á participación dos sectores implicados no fenómeno cultural.
AUTÉNTICOS FARSANTES … o vindeiro 27 de decembro ás 20.30h, veñen a presentar ao Auditorio de Narón en exclusiva mundial o seu primeiro traballo discográfico titulado “Auténticos Farsantes en directo e un pelín trasnochados”
Foi grabado recentemente, en directo, na sala La Room de Ferrol, contando coa dirección de Segundo Grandío do estudio “Casa de Tolos” e producido pola a empresa ferrolá Run-Rum Axencia.
Auténticos Farsantes é unha banda de rock naronesa composta por :
Fernando Couce (Batería, mazas, palillos chinos, etc);
Chechu Mosquera (Baixo e voces);
Carlos Mosquera (Guitarras, silbidos, voces e susurros varios)
Jose Prieto (Voz e megáfono)
A banda xorde da inquedanza de Jose (Dramaturgo, director e cantante) que compón as cancións que nacen das mesmas neuras que as súas obras de teatro, pero sen nostalxias e si con moita ironía e moito humor.
As entradas están xa á venda nesta páxina web ou no despacho de billetes do Pazo da Cultura de Narón.