O PADROADO
O Concello de Narón puxo en marcha no ano 1981 o Padroado da Cultura, que é un ente autónomo, coa finalidade de darlle canle á participación dos sectores implicados no fenómeno cultural.
A compañía decide cancelar este evento que estaba previsto para o próximo 7 de febreiro, polo que pedimos que se pasen pola taquilla do Pazo da Cultura a solicitar a devolución dos cartos, sempre que fose metálico ou tarxeta.
As localidades adquiridas pola web xa se devolve o importe de forma automática nos próximos días, sen que soliciten nada previamente. De todas formas estamos á súa disposición no teléfono 981 102 897 ou na seguinte dirección de correo electrónico: taquilla.pazo@naron.es