Atención - Aviso

Venres, 4 de Decembro de 2020

O Padroado da Cultura de Narón abre novamente á venda ao público xeral os espectáculos previstos para os vindeiros días, debido ás modificacións nos aforos atendendo ás indicacións recollidas na Orde do 3 de decembro de 2020 da Xunta de Galicia ante a evolución da pandemia da Covid-19; pasando a ocupación de 50 a 250 butacas (das 900 localidades das que dispón ó Pazo da Cultura de Narón)

5. Celebración de eventos deportivos, competicións deportivas con público, actividades en cines, teatros, auditorios, congresos e outros eventos, circos de toldo e espazos similares, así como en recintos ao aire libre e noutros locais e establecementos destinados a espectáculos públicos e actividades recreativas.

A celebración de eventos deportivos, competicións deportivas con público, actividades en cines, teatros, auditorios, congresos e outros eventos, circos de toldo e espazos similares, así como en recintos ao aire libre e noutros locais e establecementos destinados a espectáculos públicos e actividades recreativas, poderán desenvolverse con público sempre que este permaneza sentado e que a capacidade se calcule, dentro da capacidade permitida, de forma que se garde sempre a distancia mínima de seguridade de 1,5 m. nas catro direccións entre os asistentes, salvo que se trate de persoas conviventes, cun límite máximo de "duascentas cincuenta persoas" para lugares pechados e de cincocentas persoas se se trata de actividades ao aire libre.

+info 981 102 897