Ara Malikian no Pazo

Domingo, 12 de Decembro de 2021

Narón será parte da xira mundial do artista Ara Malikian World Tour

O violinista Ara Makilian ven de lanzar o seu último traballo, Ara, que presentou o 9 de decembro no Carnegie Hall de Nova York. Este concerto supuxo o inicio da súa nova xira mundial, Ara Malikian World Tour, coa que percorrerá diferentes cidades de Estados Unidos e Europa acompañado por un cuarteto de músicos cubanos: o pianista Iván Melón Lewis, o baixista Iván Ruíz Machado, o guitarrista Dayán Abad e o baterista Georvis Pico Milán. Narón será unha das paradas da xira o venres 7 de xaneiro de 2022. As entradas estarán á venda a partir de mañá, luns 13 de decembro, ás 10:30 h, no despacho de billetes do Pazo e desde https://www.padroadodecultura.es/gl/espectaculos

O músico inspírase neste novo disco no seu fillo. En palabras do artista:

"Cando vin ao meu fillo camiñar por primeira vez despois de meses de caídas, de intentos errados, de golpes e volta a probar, entendín que un día todos fomos esa forza que o tempo fai que esquezamos. 

Os nenos son os seres máis auténticos que podes atopar, son salvaxes, son a tenrura na súa esencia e están cheos dunha verdade insultante, non teñen medo a equivocarse, son libres e expresivos e todo o que fan está cheo de arte.

Se miras a un neno entendes case todo o que fuches e hai un tempo que non che permites ser.

Esta xira é o resultado de ver crecer ao meu fillo, é o resultado do meu crecemento ao seu lado, é todos eses sons e melodías que tentan darlle forma ao que sentín e inspiroume del e da vida a través del. É un encontro co neno que non puiden ser e soñase ser. É unha homenaxe a eses seres que son tan libres como un paxaro libre.

Esta xira está chea de dinosauros, luras  robóticos, máquinas do tempo, pianos voadores e mimos bilingües, este disco é iso que eu esquecera e que é tan poderoso; a Maxia de atopar cada día e cada senda  fascinates, traian o que traian".