O PADROADO
O Concello de Narón puxo en marcha no ano 1981 o Padroado da Cultura, que é un ente autónomo, coa finalidade de darlle canle á participación dos sectores implicados no fenómeno cultural.
O prazo permanecerá aberto ata o 3 de novembro
Ampliamos o prazo de matrícula para as Escolas Culturais nas disciplinas nas que aínda queden prazas dispoñibles ata o vindeiro 3 de novembro.
Pola súa banda, o prazo de devolución de matrícula para o alumnado que non poida asistir ás clases por incompatibilidade de horarios será do 9 ao 31 de outubro.