Adiado o Cine de Verán de Hoxe

Venres, 14 de Xullo de 2023

As condicións meteorolóxicas obrigan a adiar a proxección a unha nova data

Debido ás condicións meteorolóxicas vémonos na obriga de adiar a proxección do filme "Los demonios de Barro" prevista para as 22:30 h. de hoxe no C.C.S. do Val. En breves anunciaremos a nova data. Desculpade as molestias que se poidan ocasionar.