ADIADA A TOTALIDADE DE PROGRAMACIÓN DE FEBREIRO

Xoves, 4 de Febreiro de 2021

O Padroado da Cultura reprograma todos os espectáculos previstos para este mes de febreiro debido á situación sanitaria. O Padroado da Cultura acordou reprogramar os espectáculos que se mantiñan para este mes de febreiro.

Así o avanzou a alcaldesa e presidenta do citado organismo, Marían Ferreiro, que indicou que "debido ao avance desta pantemia pola Covid-19 continuamos reprogramando os espectáculos previsstos este mes, covocando novas datas en coordinación coas compañías para poder levalos a cabo en cantoa s restriccións sanitarias sexan menores". A lingua das bolboretas, de Sarabela Teatro, que estaba programada para este venres 5 e o sábado 6 -ás 20.30 e 20.00 horas respectivamente- terá lugar o venres 30 de abril ás 20.30 e o sábado 1 de maio ás 20.00. En canto ao concerto de Carla Green & The Demons, de Músicos ao Vivo Sociedade Cooperativa Galega, que ía ter lugar o vindeiro venres día 12 ás 20.30 horas no Café Teatro do Pazo, tivo que suspenderse , tal e como xa se anunciou, ante a imposibilidade de fixar polo momento unha nova data. A comedia Melancoholemia, de Con Tres Pés, programada para o sábado 13 ás 20.00 horas, poderase ver o día 17 de abril , tamén ás 20.00. Así mesmo, seguindo a programación que estaba deseñada, procedeuse a reprogramar os tres esptectáculos seguintes deste mes de febreiro: a obra Principiantes, Beginners 2021 AIE , prevista para o venres 19 e sábado 20, terá lugar os días 11 e 12 de xuño; Quixote, de Pedras de Cartón, programamda para o domingo 21 será o 9 de maio e Yo, la peor del mundo, de Vaiven Produccións Teatro pasará do 27 de febreiro ao 10 de abril. Finalmente, tal e como se avanzou a pasada semana, a obra Don Gafeiros , de Os Monicreques de Kukas, que estaba programada para o 28 de febreiro, pechando a programación cultural deste mes no Pazo, trasladouse ao 18 de abril. O importe das entradas xa vendidas para estes espectáculos abonarase , no caso de así solicitalo, no mesmo método no que se realizou o pago, ata o propio día no que estaba programamda inicialmente a función. Aqueles que poidan acudir na nova data deberán conservar as entradas xa adquiridas, que serán válidas. Para máis información sobrte o procedemento pódese chamar ao despacho de billetes do Pazo, ao número de teléfono 981 102 897 ou escribir un correo electrónico á dirección : taquilla.pazo@naron.es . "As instalacións do Pazo da Cultura permanecen pechadas ao público ata dentro de un par de semanas pero como medida de prevención e tendo en conta a actual situación sanitaria, a maiores dosespecta´culos reprogramados xa a pasada semana incluímos agora os previstos para despois do 17 deste mes independentemente de que as restriccións poidan ser algo menores a partir desa data porque consideramos que a mellor opción é reprogramalos e deixar o Pazo sen actividade cultural alomenos todo febreiro", explicou a alcaldesa.