O PADROADO
O Concello de Narón puxo en marcha no ano 1981 o Padroado da Cultura, que é un ente autónomo, coa finalidade de darlle canle á participación dos sectores implicados no fenómeno cultural.
O prazo de inscrición para as actividades do curso 2021-22 das diversas Escolas Culturais permanecerá aberto do 1 ao 25 de setembro, ambos incluídos.
O curso 2021-22 das Escolas Culturais municipais xa está en marcha coa apertura do prazo de inscrición para as diferentes actividades. Permanecerá aberto do 1 ao 25 de setembro, habendo un segundo prazo naqueles cursos que teñan vacantes do 2 ao 17 de decembro. O prezo de matrícula para todas as actividades é de 63,10 euros por curso e as idades a partir das cales están indicadas son os seguintes:
Escolas Tradicionais
Escolas Artísticas:
Escola de Formación Actoral
O prezo da matrícula na Escola de formación de actores e actrices é o xa indicado (63,10 euros por curso) para 1º e o Practicum e de 208 euros por curso para 2º e 3º.
As matrículas poden formalizarse nas oficinas do Pazo da Cultura en horario de 09:00 a 13:30 e de 17:00 a 19:00 h (de luns a venres) e de 10:00 a 13:00 h (sábados).
Para máis información podes chamar ao 981391144 ou escribir un correo electrónico a mc.blanco@naron.es.