37ª Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil

Venres, 5 de Novembro de 2021

A Mostra terá lugar ao longo de novembro e principios de decembro no Pazo da Cultura, no Auditorio e en centros de educación infantil

Arredor duns 4.500 escolares dunha vintena de centros de Narón e comarca asistirán a algunha das representacións da 37ª edición da Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil (MOTIX) que organizamos desde o Padroado da Cultura e que se desenvolverá ao longo dos meses de novembro e decembro. Esta semana tiveron lugar as primerias sesións coa posta en escena da obra de Lydia Botana De aquí para alá no Auditorio, espectáculo de música infantil no que o público viaxa arredor do mundo aprendendo, escoitando, bailando e cantando músicas de diferentes lugares á que asistiu alumnado dos centros da Solaina, Santiago Apóstol, Ponte de Xuvia, Piñeiros, Virxe do Mar, O Feal, GOA San José, Centieiras, Xunqueira, Juan de Lángara e Unión Mugardesa.

A vindeira semana será representada no Pazo da Cultura a obra Me llamo Suleimán, de Unahoramenos Producciones, centrada na historia dun rapaz farto da súa situación de miseria que decide emigrar. Asistirán escolares procedentes do IES Trasancos, CPR Santiago Apóstol, CPR Jorge Juan, CPI do Feal, CPI da Xunqueira, o IES de Catabois, IES Carvalho Calero, IES As Telleiras e Saúde Mental Ferrol.

Os días 16 e 17 de novembro será a quenda para a representación de Rosalía, da compañía Culturactiva, baseada na historia da nosa autora máis universal. Asistirán ao Pazo da Cultura escolares dos colexios da Solaina, Virxe do Mar, Ponte de Xuvia, Piñeiros, Jorge Juan, Santiago Apóstol, IES As Telleiras, O Feal, Juan de Lángara, Catabois, Xunqueira, Unión Mugardesa e As Mirandas. 

Os días 24, 25 e 26 de novembro terá lugar a representación da adaptación libre (a cargo de Pepablo Patinho) do clásico de Carlo Collodi Pinocho. A compañía Ghazafelhos estará no Pazo ante escolares da Solaina, Virxe do Mar, Ponte de Xuvia, Piñeiros, Santiago Apóstol, O Feal, Juan de Lángara, Xunqueira, Virxe da Cela, As Mirandas, Unión Mugardesa, Maciñeira e Franza.

Por último, o 30 de novembro e os día 1, 2 e 3 de decembro a compañía Teatro ao Cubo levará a súa obra Nube, nube, sol ás escolas infantís de Piñeiros, A Solaina e A Gándara, así como ao alumnado de infantil do CPR Santiago Apóstol.