O PADROADO
O Concello de Narón puxo en marcha no ano 1981 o Padroado da Cultura, que é un ente autónomo, coa finalidade de darlle canle á participación dos sectores implicados no fenómeno cultural.
O Padroado da Cultura de Narón convídavos a celebrar o DÍA DAS LETRAS 2021, dedicado a XELA ARIAS, participando o 17 de maio na “Festa das Letras”, organizada polo Concello na Praza da Lectura.
E sumámonos tamén á celebración nas redes, coa palabra da poeta, editora, tradutora e activista cultural e social a quen Galicia dedica as Letras deste Día: Versos do libro de poemas Tigres coma cabalos, de Xela Arias, na voz da cantante, actriz e docente da Escola de Teatro do Padroado da Cultura, Bea García.