O PADROADO
O Concello de Narón puxo en marcha no ano 1981 o Padroado da Cultura, que é un ente autónomo, coa finalidade de darlle canle á participación dos sectores implicados no fenómeno cultural.
Temos o pracer de ter con nós a Cándido Pazó o vindeiro día 20 de marzo ás 20.00h, estreando a obra Mocos.
SINOPSE:
Neste atribulado tempo no que a escola é un dos ámbitos eivados polo COVID, Mocos é un divertimentoe escénico que , a xeito de desagravio, xoga coa memoria herdada dese mundo que, máis ou menos a gusto todos habitamos algún día.