O PADROADO
O Concello de Narón puxo en marcha no ano 1981 o Padroado da Cultura, que é un ente autónomo, coa finalidade de darlle canle á participación dos sectores implicados no fenómeno cultural.
O Padroado de Cultura do Concello de Narón ofrece campamentos para nenos de entre 3 e 12 anos durante os meses de xullo e agosto.
XULLO:
1º GRUPO: Do 6 ao 10.
2º GRUPO: Do 13 ao 17.
3º GRUPO: Do 20 ao 24.
4º GRUPO: Do 27 ao 31.
AGOSTO:
1º GRUPO: Do 3 ao 7.
2º GRUPO: Do 10 ao 14.
3º GRUPO: Do 17 ao 21.
4º GRUPO: Do 24 ao 28.
HORARIO DE 8.30 A 14.00H.
LUGAR : Pazo da Cultura de Narón.
GRUPOS DE IDADE:
*1º GRUPO: DE 3 A 5 ANOS.
*2º GRUPO: DE 6 A 9 ANOS.
*3º GRUPO: DE 10 A 12 ANOS.
TAXA: 11.20€ POR CURSO. Cada curso equivale a unha semana de actividade. Cada asisitente poderá facer un máximo de 4 cursos ao mes.
INSCRICIÓNS: As inscricións realizaranse nas oficinas do Pazo da Cutura en horario de 9.30 a 13.30h. O pagamento poderase realizar en efectivo ou con tarxeta.
Poderá matricularse toda persoa interesada tendo preferencia as empadroadas no Concello de Narón.
INFORMACIÓN DE INTERESE:
-O Padroado da Cultura establecerá as medidas hixiénico-sanitarias precisas para o correcto desenvolvemento da actividade.
-As persoas interesadas en participar deberán achegar unha declaración responsable de aceptación de condicións de participación, que lle será achegada no momentos de realizar a matrícula.
-As persoas matriculadas deberán informar sobre se padecen alerxias ou intolerancias alimentarias.
INFORMACIÓN E CONTACTO:
Pazo da Cultura de Narón
Rúa Holanda s/n 15570- Narón
tlf: 981 391 144 / 626 378 685.
Correo electrónico: d.canovas@naron.es