O PADROADO
O Concello de Narón puxo en marcha no ano 1981 o Padroado da Cultura, que é un ente autónomo, coa finalidade de darlle canle á participación dos sectores implicados no fenómeno cultural.
A Deputación Provincial da Coruña concede dúas subvencións para o desenvolvemento de Festivais ao Padroado da Cultura
O Padroado da Cultura do Concello de Narón recibiu neste 2025 dúas subvencións da Deputación Provincial da Coruña por un importe total de 49.500 €
As subvencións, concedidas dentro da convocatoria FO223/2025 de Programa de subvencións para o desenvolvemento de Festivais na Provinvia da Coruña para o ano 2025, foron adxudicadas a dous Festivais que desenvolve o Padroado da Cultura ao longo da súa programación anual, e que se desagregan do xeito seguinte:
- XI SINGULAR. Festival Internacional do Monólogo Teatral: 22.000 €
- XLI MOTIX. Mostra de Teatro Infatil e Xuvenil de Narón: 27.500 €
Estas axudas económicas favorecen a mellora da calidade das programacións destes dous festivais únicos no seu eido.