FRIDA

  • Infantil
DATOS BÁSICOS

FRIDA - FESTIVAL SINGULAR

FRIDA é o azul cobalto do amor eléctrico, o amarelo verdoso das pantasmas misteriosas, a cor café da terra.

Unha peza que se presenta coma unha festa de cores dos traxes mexicanos, evocando a paleta dos cadros de FRIDA KALHO e recreando algúns deles a través do corpo, do movemento e dos obxectos.

Queremos empregar a arte coma un “talismán que cura”, tal e como ela dixo: “...a música, as palabras, a danza e o teatro.”

 

Sinopse: Un día Frida, unha adolescente “aburrida da vida”, descobre unha marabillosa carta que a súa avoa Henriqueta lle escribira a FRIDA KALHO. Nela dáballe as grazas por mostrarlle que a arte é un talismán que o cura todo. A partir de entón, comeza un proceso de transformación que revolucionará a vida da cativa e todo o que está ao seu arredor. A maxia da arte fará que a creatividade de Frida se dispare, fará que pinte cadros, que cante, que baile, que vista o espazo coas cores da vida e, que á fin, coñeza a FRIDA KALHO.

PREZOS

2024-03-03 - 18:00:

  • Abonados: 6,65 €
  • Menores de 14 anos: 5,50 €
  • Público xeral: 9,50 €
  • Desempregado - carné xove ou estudante ( ata 25 anos ): 6,65€
FICHA ARTÍSTICA

Elenco:

Cris Collazo e Martiño Mato

 

Dirección:                  Rocío González

Coreografía:             Olga Cameselle

Música:                      Manu Paino