FORMACIÓN DE ACTRICES E ACTORES

Escola de Actrices e Actores

- Formación de alumnado do oficio da interpretación, impartida por profesionais das Artes escénicas, audiovisuais e musicais.

- 4 cursos: arredor de 2.000 h. de percorrido formativo.

- Montaxe e representación de espectáculos.

- Formación de monitorado especializado en actividades teatrais.

- Cursos escolares de outubro a xuño.

ACTIVIDADES ESCOLARES

NIVEIS FORMATIVOS: CURSO DE ACCESO, PRIMEIRO, SEGUNDO E TERCEIRO

ÁREAS DE TRABALLO ESCOLAR: Aproximación á teoría e práctica do teatro, interpretación, voz e dicción, teatro físico, prácticas de posta en escena, creatividade dramática, teoría do teatro e a interpretación, historia do teatro universal, historia do teatro galego, música e canto, ritmo, danzas( clásica, contemporánea, tradicional, de parellas e de musicais), espazo escénico, caracterízación e vestiario, luz, son e tremoia, competecias e responsabilidades, producións e distribución teatral, didáctica do teatro,montaxe de espectáculo anual.

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS:

ORGANIZADAS POLA ESCOLA: Cursos monográficos, encontros con profesionais das Artes Escénicas, visitas a espazos teatrais de interese, asistencia a espectáculos teatrais programados no Auditorio Municipal, no Pazo da Cultura e noutros espazos, encontros con outras escolas artísticas, compañías profesionais e grupos amadores, representación de espectáculo anual e outros en cartel, mostras escénicas de actividade escolar e colaboracións con actividade escénicas e audiovisuais de entidades públicas e privadas.

ORGANIZADAS POLO ALUMNADO: Noites na Escola (Representación de pezas breves postas en escena por iniciativa do alumnado.)

FOTOS: ESTEVO BARROS

  

  

 

Actualidade da Escola
23.05.2023
Categoría
Actrices e actores

Realizará actividades de fin de curso abertas ao público ata o 13 de xuño

11.09.2021
Categoría
Actrices e actores

A Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas foi a distinguida na edición XXV dos Premi...