Unha das obras fundamentais da literatura galega, unha suma de relatos que estremecen e fan reflexionar. Ou, se acaso, fan deambular por mundos nos que transitan o erotismo, o misterio, a miseria e a grandeza de alma e de vida. Un microcosmos rural de marxe e de fronteira, construído cunha lingua, así mesmo, límite e nos lindes da realidade e da fantasía.
É difícil non sentirse arrastrado pola tremenda capacidade fabuladora de Ferrín. A Raia Seca ourensá é unha metáfora de mundos reais adobados pola ficción e a particular riqueza léxica deste narrador e poeta que é de Ourense e que é de Vigo, que é arraiano arraiano.
Autor : XOSE LUIS MÉNDEZ FERRÍN
Dirección : ÁNXELES CUÑA BÓVEDA
Adaptación : ÁNXELES CUÑA BÓVEDA/ FERNANDO DACOSTA
Escenografía: BALTASAR PATIÑO
Deseño son : RENATCA CODDA FONS
Deseño iluminación : BALTASAR PATIÑO
Vestiario : RUTH D. PEREIRA
Música : VADZIM YUKNEVICH
Coreografía : BETY PÉREZ/ ARMANDO MARTÉN
Elenco artístico:
FERNANDO DACOSTA
ELENA SEIJO
FRAN LAREU
SABELA GAGO
FERNANDO GONZÁLEZ
VADZIM YULNEVICH
FINA CALLEJA