CONTINENTE MARÍA

DATOS BÁSICOS

TEATRO DOCUMENTO

Continente María é un canto á vida e ao teatro a través do diálogo coa extraordinaria figura de María Casares.

Mediante as múltiples posibilidades que nos ofrece o teatro, evocamos a María non só como a inesquecible actriz que foi, senón tamén como o ser humano que se entregou con absoluta intensidade á vida e á escena para vencer o medo e sobrepoñerse ao exilio, descubrindo nas táboas a súa verdadeira patria.

A Casares preséntasenos como un mapa a percorrer, mais non como turistas, senón como viaxeiras curiosas, gozando dos detalles que nos proporciona a súa paisaxe, chea de vitalidade e ganas de vivir en presente absoluto todo o que a realidade e a poesía nos pode ofrecer. Un mapa dun Continente inabarcable no que queremos permanecer porque estamos seguras de que vivir nel nos fará mellores, como individuos e como sociedade.

Conversamos co legado de María tratando de recoller a retranca, o humor e a musicalidade que se desprende das súas entrevistas e escritos, que se descobren ante nós como un faro que dá luz e claridade a un presente que precisa referentes de liberdade e compromiso.

 

TEXTO    Marianella Morena

DIRECCIÓN  Tito Asorey

ELENCO   Melania Cruz e Vadim Yukhnevich

ILUMINACIÓN E AUDIOVISUAIS  Laura Iturralde

ESCENOGRAFÍA   José Faro “Coti”

VÍDEO  Jairo Iglesias

DESEÑO DO CARTEL/IMAXE GRÁFICA     Lidia Cao

Continente María é unha coprodución de Ainé Producións con A Quinta do Cuadrante, o Concello da Coruña e o Centro Dramático Galego

PREZOS

2023-03-04 - 20:00:

  • ABONADOS: 6,65 €
  • PÚBLICO XERAL: 9,50 €
  • REDUCIDA: 6,65 €

FESTIVAL SINGULAR