A FIESTRA DOS SOÑOS

  • Música
DATOS BÁSICOS

A FIESTRA DOS SOÑOS - TROTAVENTOS, música folk

A fiestra dos soños é un concerto non para pequenos nin para adultos, simplemente para soñadores. A fiestra dálle unidade e sentido ás historias  que  veñen despois, que funcionan de maneira independiente, e do mesmo xeito , por seren os temas autónomos e ser a fiestra a que lles dá sentido, a propia fiestra abre unha porta para futuras posibles edicións de máis conxuntos de soños.

Musicalmente, o que se busca é o mesmo que no conxunto da obra. Os poemas convértense en cancións que recollen todo tipo de influencias e ritmos, variedade de compases, cambios de tonalidade, etc. cunha liña que bebe das músicas populares do mundo que atravesa cada un dos temas para darlle unidade, e cunhas melodías de gusto exquisito que xunto cos textos converten as pezas en idóneas para o pracer de grandes e pequenos.

A parte literaria  componse de trece poemas cunha temática que supón un canto á natureza, presentada dunha maneira aparentemente sinxela e pretendidamente asumible pero sen fuxir da metáfora e , sobre todo, sen menosprezar a intelixencia dos nenos e das nenas. Preténdese pois pintar, máis que narrar, imaxes (escenas, historias, soños) , tinguidas de bo gusto, cun enfoque  moderno, por veces humorístico e sempre cunhas sutís e entrañables pinceladas de maxia.

PREZOS

ESPECTÁCULO EN PERÍODO DE VENTA DE ABONADOS HASTA EL 4 DE ENERO  DE 2019.

LA VENTA DE ENTRADAS A TARIFA REDUCIDA SE HARÁ ÚNICAMENTE A TRAVÉS DEL DESPACHO DE BILLETES DEL PAZO DA CULTURA CON LA PERTINENTE DOCUMENTACIÓN.

FICHA ARTÍSTICA

ELENCO: MANUEL BOQUETE (guitarras y bajo)

RAMÓN FEÁNS: (guitarras , bouzouki, mandolina , teclados y programación)

NADIA FONSECA (voz)

ROBERTO GRANDAL (acordeón)

DANI RIVERO (batería y percusión)