FARIÑA
A historia non permite nin acomodarse na butaca. O espectador, segundo arranca a obra, vese abordado por unha descarga. Cando quere darse conta xa está presenciando como rapaces e veciños das vilas falan, mercan, consume e manexan con soltura o Winston de batea. O fenómeno xa está en marcha. O elenco de actores entran e saen de escena meténdose no pel de decenas de personaxes entre situacións familiares cheas de humor: o alcalde corrupto, a verbena financiada ou os veciños máis novos probando a mercancía a escondidas.
O salto ao narcotráfico ocorre no escenario coa mesma soltura co que tivo lugar na realidade. De pronto, en escea, escóitase acento colombiano e marroquí. Escóitanse ritmos de percusión e cancións. Escóitanse bromas e bravuconadas. As drogas toman o control: ostentación e subidón enchen o teatro.
E, de novo como sucedeu en realidade, aparécese a traxedia. En forma de nais, rapaces afundidos e, por fin, operacións policiais. Todo cabe sobre un escenario no que faise un percorrido fiel deste escuro capítulo de Galicia dende un punto de vista único. Como adentrarse na historia, coma unha viaxe no tempo. Unha óptica tan cercana, tan real e familiar, que a sensación final, a reflexión da que se sae do teatro, adquire unha eficacia inédita.