Narón - Padroado da Cultura de Narón
Publicado en Narón - Padroado da Cultura de Narón (https://www.padroadodecultura.es)

Inicio > GET BACK

GET BACK

DATOS BÁSICOS

Son cinco e van nun vagón de metro. Son cinco e teñen moitas cousas en común. Pero eles non o saben. Aínda. Saben que van no mesmo vagón de metro. Saben de onde veñen, pero ningún está moi seguro de cara a onde vai. Son xente normal e están en Londres.Se son normais e están en Londres é que probablemente sexan emigrantes. Están no metro e como non poden mirar para as paredes,miran para o móbil que vai cuspindo algunhas novidades do lugar do que proceden. Que vas facer esta semana? Xa reservaches o voo para o Nadal? Sabes que detiveron a aquel rapaz que estudiara contigo en Santiago? O fillo do carniceiro non quere seguir co negocio. Cousas normais, de xente normal que se deixa mover polo meneo normal do metro. Pero o metro detense. Para en ningures por que queda atorado no medio do túnel e pode ser unha avaría, un atentado, unha forga ou todas as cousas á vez. E quedan os cinco. GET BACK mirando para o móbil e logo mirando para eles sucesivamente. O metro para e comenzan os problemas. Porque son cinco, porque teñen moitas cousas en común pero non o saben, porque están lonxe de onde son e porque cada un deles ten urxencias particulares. Están perdidos nun subterráneo de Londres e quizáis teña que vir rescatalos o exército.Pero primeiro van ter que entenderse. A comedia comeza como un accidente. Eles non saben cando entran a ese vagón con traxecto interrompido, pero son catro galegos buscándose a vida en Londres e un inglés que, nalgún tempo, se buscou a vida en Galicia. as vidas quedan cruzadas cando xusto se detén o movemento e a partir de aí case todo é retranca.

O proceso de construción desta comedia comeza cunha investigación sobre os londoners (nome que se dan a si mesmos os galegos que viven na capital británica). A achega a esta realidade permitiunos ir construindo, mediante un modo de traballo cooperativo, un proxecto sólido que reflicte, en certo modo, a realidade fraccionada da Galicia contemporánea. 

COMEDIA

Xénero: 
  • Teatro
  • Comedia
Lugar do espectáculo: 
Pazo da Cultura
Duración: 
1 HORA Y 30 MINUTOS
Prezos: 
9,50 € Público Xeral / 6,65 € Abonados - Carné Xove ou de Estudante (ata 25 anos) – Desempregados
Información da billeteira: 

ABONADOS:  6,65 € 
PÚBLICO XERAL:  9,50 € 
 

*a venda de entradas a tarifa reducida farase unicamente a través da billeteira do Pazo da Cultura.

** + info 981 102 897

Funcións: 
Sábado, 24 de Setembro de 2016 20:00
get back 1.jpg [1]
FICHA ARTÍSTICA

Camilo Franco (traballo de investigación), Diego Ameixeiras (texto), Jorge Coira (director), Victor Duplá (axudante de dirección), Anxo Graña (música) e Antonio Durán “Morris”, Federico Pérez, Tamara Canosa, Miguel Guido e Mercedes Castro (elenco)

Equipo
Texto: Diego Ameixeiras
Idea orixinal: Camilo Franco
Dirección: Jorge Coira
Ai. Dirección: Victor Duplá
Reparto: Alfonso Agra, Federico Pérez, Tamara Canosa, Miguel Guido, Mercedes Castro
Música/espazo sonoro: Anxo
Graña Deseño Iluminación: Afonso Castro
Vestiario: Mari Seoane
Audiovisuais: SrPause ? Roi
Fernández Deseño gráfico: Lle Gráfica
Comunicación: Sonia Díaz-Nocomún
Produción: JulioP

Séguenos en:

  • Twitter
  • Facebook
  • Blog

Horarios de atención ao público

PADROADO DA CULTURA

Horario de Atención ao Público

  • L-X: 09:00 a 13:30 h e 17:30 a 19:00 h

  • Venres: 09:00 a 13:30 h.

  • Teléfono: 981 39 11 44

  • Email: p.cultura@naron.es

BILLETEIRAS

  • Luns a sábado: 09.30h a 14:00h e 17:00h a 20:30h

  • Teléfono: 981 102 897

  • Horario de verán: Luns a venres de 9.00h a 14.00h

  • Email: taquilla.pazo@naron.es

Últimos Tweets

Tweets por el @CulturaNaron.

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción co Pazo da Cultura.

  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo
  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies

URL: https://www.padroadodecultura.es/gl/espectaculos/evento/get-back-0

Ligazóns
[1] https://www.padroadodecultura.es/sites/default/files/get%20back%201_0.jpg