Narón - Padroado da Cultura de Narón
Publicado en Narón - Padroado da Cultura de Narón (https://www.padroadodecultura.es)

Inicio > Presentación

Presentación

O Padroado

O Concello de Narón [1] puxo en marcha no ano 1981 o Padroado da Cultura, que é un ente autónomo, coa finalidade de darlle canle á participación dos sectores implicados no fenómeno cultural. De tal xeito que hoxe toda a actividade cultural municipal, salvo a institucional e a de concesión de axudas e subvencións, está canalizada a través do Padroado.

O seu órgano de xestión é a Xunta do Padroado, que está presidida polo alcalde, e na que están presentes todos os grupos políticos do Concello. Así mesmo as asociacións de veciños, os consellos escolares e as entidades culturais tamén forman parte desta xunta a través dos seus representantes.

O Padroado conta ademais con diversos asesores, cun director técnico, un secretario e un administrador. O financiamento das súas actividades vén dada polo Concello, ademais do que achegan as matrículas que se cobran para participar nas escolas do Padroado e polo que se ingresa da venda de billetes dos actos nos que se cobra entrada. Tamén recibe subvencións doutros organismos.

A finalidade do Padroado, á parte de dar participación na súa xestión, é a de suplir as deficiencias do ensino respecto da cultura galega e no Concello de Narón, dando a coñecer esta por todo o concello mediante ciclos de charlas, a creación de escolas artísticas e realizando estudos de investigación sobre a nosa arte e a nosa cultura.

Séguenos en:

  • Twitter
  • Facebook
  • Blog

Horarios de atención ao público

PADROADO DA CULTURA

Horario de Atención ao Público

  • L-X: 09:00 a 13:30 h e 17:30 a 19:00 h

  • Venres: 09:00 a 13:30 h.

  • Teléfono: 981 39 11 44

  • Email: p.cultura@naron.es

BILLETEIRAS

  • Luns a sábado: 09.30h a 14:00h e 17:00h a 20:30h

  • Teléfono: 981 102 897

  • Horario de verán: Luns a venres de 9.00h a 14.00h

  • Email: taquilla.pazo@naron.es

Últimos Tweets

Tweets por el @CulturaNaron.

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción co Pazo da Cultura.

  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo
  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies

URL: https://www.padroadodecultura.es/gl/o-padroado/presentacion

Ligazóns
[1] http://www.naron.es/