A LINGUA DAS BOLBORETAS
Eu quería moito a aquel mestre. Confesa Moncho.
Ao principio, os meus pais non podían crelo.
Quero dicir que non podían entender como eu quería ao meu mestre.
Cando era un picariño, a escola era unha ameaza terrible.
Unha palabra que cimbraba no aire coma unha vara de vimbio:
“Xa verás cando vaias á escola!”
O espectador será testemuña do proceso de aprendizaxe que emprende o protagonista da man do mestre da escola (unha figura que simboliza a liberdade que xera o coñecemento da realidade e o respecto cara o próximo) e é testemuña tamén da traxedia que supuxo vivir con medo, do cru impacto que xera o estalido dunha guerra civil. A través da entrañable relación que manteñen o mestre, don Gregorio, e o neno, vaise descubrindo paulatinamente ante o espectador a beleza daquelas realidades cotiás que pasan inadvertidas (como o mundo dos insectos), facendo partícipe ao receptor da historia da fascinación infantil do protagonista ante o descoñecido e do sufrimento que provoca a represión das liberdades humanas.