Narón - Padroado da Cultura de Narón
Publicado en Narón - Padroado da Cultura de Narón (https://www.padroadodecultura.es)

Inicio > VICTOR ANEIROS

VICTOR ANEIROS

DATOS BÁSICOS

Xoves, 26 de marzo ás 20:30 h.

Víctor Aneiros, edita un novo disco, o sétimo da súa discografía oficial, e o bautiza co inequívoco título de "A soidade pide copas nos bares".
Edita, unha vez máis, o selo vasco Gaztelupeko Hotsak, que xa ten no seu catálogo cinco discos do músico de Ferrol.
Son versións acústicas tiradas de tres discos anteriores, O blues do amencer (2004), Heroe secreto (2008) e Brétemas da memoria (2010). Xuntas, na súa nova forma acústica -pero en absoluto desenchufadas- as pezas compoñen un sublime fresco arredor da melancolía.
As versións de "Miña bala perdida", "Vida bohemia", "Un tute á morte" e "Autor de westerns" cobran novos significados nos solos da guitarra clara, limpa, espida de Aneiros. E medran tamén en intensidade, coa incorporación afortunada dun vello coñecido do guitarrista: Fran Rey, que mantén fermosos diálogos bohemios, casi parisiens, co seu acordeón. É un duelo amistoso, parolado con profunda sinxeleza, fronte á guitarra de Aneiros.
Nesta época de pensamentos únicos e dóciles, esquecer -para non sentirse estranxeiro- é o que quere a maioría. Pero "A soidade pide copas nos bares" propón todo o contrario, e bota unha arrolladora ollada nostálxica sobre todo o que perdimos. 

Xénero: 
  • Música
Lugar do espectáculo: 
Café Teatro
Duración: 
1 hora e 30 minutos
Prezos: 
9,50 € Público Xeral / 6,65 € Abonados - Carné Xove ou de Estudante (ata 25 anos) - Desempregados
Información da billeteira: 

Xoves, 26 de marzo ás 20:30 h.

  • Público: Maiores de 12 anos
  • + Info: 981 102 897
Funcións: 
Xoves, 26 de Marzo de 2015 00:00
Victor Aneiros [1]
MULTIMEDIA

Victor Aneiros [2]

Séguenos en:

  • Twitter
  • Facebook
  • Blog

Horarios de atención ao público

PADROADO DA CULTURA

Horario de Atención ao Público

  • L-X: 09:00 a 13:30 h e 17:30 a 19:00 h

  • Venres: 09:00 a 13:30 h.

  • Teléfono: 981 39 11 44

  • Email: p.cultura@naron.es

BILLETEIRAS

  • Luns a sábado: 09.30h a 14:00h e 17:00h a 20:30h

  • Teléfono: 981 102 897

  • Horario de verán: Luns a venres de 9.00h a 14.00h

  • Email: taquilla.pazo@naron.es

Últimos Tweets

Tweets por el @CulturaNaron.

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción co Pazo da Cultura.

  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo
  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies

URL: https://www.padroadodecultura.es/gl/espectaculos/evento/victor-aneiros

Ligazóns
[1] https://www.padroadodecultura.es/sites/default/files/V%C3%ADctor%20Aneiros.jpg
[2] https://www.padroadodecultura.es/gl/file/230