Narón - Padroado da Cultura de Narón
Publicado en Narón - Padroado da Cultura de Narón (https://www.padroadodecultura.es)

Inicio > Cultura tradicional

Cultura tradicional

Poñendo en Valor a Nosa Cultura Tradicional

O Padroado da Cultura do Concello de Narón mantén dende a súa fundación unha teima pola defensa, salvagarda e difusión da nosa cultura tradicional. Para elo ten creado 8 escolas culturais de corte tradicional, no que se imparten disciplínas básicas na cultura etnomusical galega. Tratando sempre de valorizar a nosa cultura por medio do ensino estruturado e de calidade, achegando ao alumnado os coñecementos básicos que lle permitan desenvolverse autonomamente en calquera que sexa a actividade que realice.

O Padroado da Cultura foi das entidades pioneiras a nivel galego na promoción de aulas de zanfona ou construción de instrumentos tradicionais, e retoma de novo esa vangarda realizando actividades tradicionais para crianzas de 3 e 4 anos, ou desenvolvendo actividades didácticas relacionadas coa cultura tradicional galega nas Escolas Infantís Municipais para escolares de 0 a 3 anos.

 

ESCOLAS CULTURAIS MUNICIPAIS 2021-2022

Prazo de Matrícula:

  • Do 1 de setembro ao 25 de setembro de 2021, ambos inclusive.
  • Do 2 de decembro ao 17 de decembro nos cursos que dispoñan de prazas vacantes. Os inscritos neste segundo prazo non teñen opción a devolución de matrícula nin a pago fraccionado.

Onde: Oficinas do Pazo da Cultura.

Cando: de luns a venres de 09:00 a 13:30 e de 17:00 a 19:00. Sábados de 10:00 a 13:00.

+info: 981 391 144 -  mc.blanco@naron.es [1]

 

Escolas Tradicionais

O custo da matrícula para as oitos escolas tradicionais é de 63,10 euros por curso, estando destinadas a alumnado a partir das seguintes idades:

  • Danza Tradicional: 5 anos
  • Gaita: 6 anos
  • Acordeón: 8 anos
  • Percusión Tradicional: 6 anos
  • Canto e Pandeireta: 5 anos
  • Zanfona: 8 anos
  • Construción de instrumentos: 16 anos
  • O Recuncho dos Pequechos: para nenas e nenos de 3 e 4 anos

 

Escolas Artísticas

O custo da matrícula para as dúas escolas artísticas é de 63,10 euros por curso, estando destinadas a alumnado a partir das seguintes idades:

  • Debuxo: 6 anos
  • Teatro: 4 anos

 

Escola Formación Actoral

O custo é de 63,10 euros para 1º curso e Practicum, e de 208 euros para 2º e 3º.

 

ASOCIACIÓN CULTURAL MUSICAL SEMENTEIRA. CURSO 2021-2022

O prazo de matrícula abrirase dende 30 de agosto ata o 11 de setembro de 2021, ambos inclusive.

As matrículas poderán formalizarse na oficina da A.C.M. Sementeira sita no Pazo da Cultura, 2º andar, de luns a venres (de 17:00 a 19:00 horas) e os sábados (de 11:00 a 13:00 horas).

Para máis información poden chamar ao teléfono 699458267.

 

A cota de socio/a, obrigatoria, é de 25 euros anuais.

No seguinte cadro especificamos os prezos das matrículas así como as cotas mensuais:

Materia Matrícula Mensualidade*
Música e Movemento 68 € 10 €
Iniciación á Linguaxe Musical 68 € 10 €
Linguaxe Musical 68 € 10 €
Harmonía 68 € 10 €
Linguaxe musical+ Harmonía 68 € 20 €
Linguaxe musical adultos 68 € 10 €
Linguaxe Musical adultos + harmonía 68 € 20 €
Instrumento (xuvenil). 68 € 10 €
Instrumento (adultos) 68 € 35 €
Dous Instrumentos (xuvenil) 102 € 20 €
Dous Instrumentos (adultos) 102 € 50 €
Tres instrumentos (xuvenil) 136 € 30 €
Tres instrumentos (adultos) 136 € 65 €

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

* Oito mensualidades, de otubro a maio      

Especialidade de instrumentos: frauta traveseira, óboe, clarinete, saxofón, fagot, trompeta, trompa, trombón, bombardino, tuba, violonchelo, contrabaixo e percusión.

Documentación vinculadaTamaño
PDF icon Tríptico Escolas Culturais Municipais 2021-22 [2]3.16 MB

Séguenos en:

  • Twitter
  • Facebook
  • Blog

Horarios de atención ao público

PADROADO DA CULTURA

Horario de Atención ao Público

  • L-X: 09:00 a 13:30 h e 17:30 a 19:00 h

  • Venres: 09:00 a 13:30 h.

  • Teléfono: 981 39 11 44

  • Email: p.cultura@naron.es

BILLETEIRAS

  • Luns a sábado: 09.30h a 14:00h e 17:00h a 20:30h

  • Teléfono: 981 102 897

  • Horario de verán: Luns a venres de 9.00h a 14.00h

  • Email: taquilla.pazo@naron.es

Últimos Tweets

Tweets por el @CulturaNaron.

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción co Pazo da Cultura.

  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo
  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies

URL: https://www.padroadodecultura.es/gl/escolas-culturais/cultura

Ligazóns
[1] mailto:mc.blanco@naron.es
[2] https://www.padroadodecultura.es/sites/default/files/Tr%C3%ADptico%20Escolas%20Culturais.pdf