Narón - Padroado da Cultura de Narón
Publicado en Narón - Padroado da Cultura de Narón (https://www.padroadodecultura.es)

Inicio > Oenach Atlántico

Oenach Atlántico

Oenach, verba de orixe indoeuropea, que ven a significar algo así como "lugar de encontro da comunidade", representa etimoloxicamente o contido deste EVENTO CULTURAL. Baixo un formato de encontro ou reunión nun lugar común, o Oenach Atlántico logo de once anos de traxectoria, tenta seguir sendo fiel a súa vocación inicial baseada en tres eixos:

a)  Achegamento do patrimonio cultural galego á cidadanía dende enfoques didácticos carentes de eruditismos, pero nutríndose nas fontes da investigación.

b)  Traballo coa poboación, o través dun proceso de participación da propia cidadanía na recreación.

c)  Estruturación dun evento integrador de diversos ámbitos ou áreas do patrimonio cultural: recreación teatral popular, artesanía, etnografía musical tradicional e novas tendencias, mostras de gandería autóctona - xornada gastronómica produtos autóctonos- (economía rural), deporte rural e xogos tradicionais, mostras museísticas e recreacións sobre cultura castrexa.

Por tanto o Oenach Atlántico, que se realiza na antiga Feira do Trece, conta cunha asistencia media mantida o longo dos últimos once anos por riba dos quince mil asistentes, e na que participan arredor de cen persoas da parroquia na que se ubica (Sedes), estase a converter nun referente etnográfico e cultural da provincia de A Coruña.

Séguenos en:

  • Twitter
  • Facebook
  • Blog

Horarios de atención ao público

PADROADO DA CULTURA

Horario de Atención ao Público

  • L-X: 09:00 a 13:30 h e 17:30 a 19:00 h

  • Venres: 09:00 a 13:30 h.

  • Teléfono: 981 39 11 44

  • Email: p.cultura@naron.es

BILLETEIRAS

  • Luns a sábado: 09.30h a 14:00h e 17:00h a 20:30h

  • Teléfono: 981 102 897

  • Horario de verán: Luns a venres de 9.00h a 14.00h

  • Email: taquilla.pazo@naron.es

Últimos Tweets

Tweets por el @CulturaNaron.

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción co Pazo da Cultura.

  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo
  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies

URL: https://www.padroadodecultura.es/gl/naron-e-cultura/actividades-socioculturais/oenach-atlantico