Sala de Exposicións

O Pazo da Cultura de Narón conta cun Espazo Expositivo ubicado no Hall  do propio edificio, conformado por 25 paneis de exposición de 250 cm. de alto X 200 de ancho, con sistema de pendurado regulable e con iluminación propia utilizables por ambas caras. Conta tamén con 10 cubos para exposición de escultura de 100 X100X100 cms.

Os Espazo Expositivo do Pazo da Cultura resulta adecuado para relizar calquera tipo de exposición, xa que polas súas instalacións circulan ao día unha media de 400 persoas.