Auditorio Municipal

O Auditorio Municipal, sito na Praza de Galicia no Alto do Castiñeiro, é na actualidade a sede da escola de Teatro de Narón. Conta cun espazo escénico apto para a representación de funcións teatrais e conta cun aforo de 384 butacas entre a platea e o anfiteatro.