Novas

03/11/2016
[comment_count]

O DOMINGO 18 de DECEMBRO ás 17.00horas @s pequen@s temos unha cita no Pazo da Cultura con Pinocho, xa que Educateatro Producións achégannos "O MUNDO MÁXICO DE PINOCHO".

Dos creadores de "Os tres porquiños" e "Carapuchiña Vermella" chega esta adaptación dun clásico que, a través de tebras chinesas, piano e unha posta en escea que vos vai sorprender, quere facervos pasar unha tarde de maxia e ilusión.

As entradas XA ESTÁN Á VENDA na billeteira do Pazo da Cultura de Narón ou https://www.padroadodecultura.es/gl/espectaculos/evento/o-mundo-m%C3%A1x...

Animádevos e...non quedes sen a túa entrada!!!

+info 981 102 897

#viveopazodacultura

28/10/2016
[comment_count]

Estimad@ usuari@ do Pazo da Cultura de Narón:
sentimos comunicarlle que por causas alleas a nosa vontade (enfermidade dunha das actrices), nos vemos na obriga de aprazar a representación de mañá sábado 29 de outubro ás 20h, de "VOAXA E CARMÍN".
Teremos o pracer de ter "As Marias" enriba de noso escenario o vindeiro MARTES 1 DE NOVEMBRO ÁS 19.00H, informando a tod@s aqueles usuari@s que tedes entrada para dito espectáculo, que é válida para a nova data de aprazamento , e pola contra tamén será factible a devolución co seu correspondente reembolso.
Agradecemos a colaboración e pedimos desculpas polas molestias causadas.
Un cordial saúdo,

+info 981 102 897

Cartel_VIII_concurso_pintura.jpg
27/10/2016
[comment_count]

O Padroado da Cultura do Concello de Narón presenta o VIIIº Concurso de Pintura "Cidade de Narón" con importantes melloras.

24/10/2016
[comment_count]

- Sábado 29 outubro ás 20.00h - " Voaxa e Carmín " - Comedia - Butacazero

- Sábado 5 novembro ás 20.00h - " O poder do arcabuz " - Danza tradicional - Quique Peón Cía. e Xacarandaina

- Sábado 12 novembro ás 19.00h - " Berto Romero sigue con nosotros " - Monólogo - Etiqueta Negra

- Sábado 19 novembro ás 20.00h - " La asamblea de las mujeres " - Comedia - Pentación Espectáculos

- Domingo 20 novembro ás 20.00h - " Noche Sabinera " - Música - Tertulia Produccións

- Venres 25 novembro ás 22.00h - " Freedonia " - Concerto Música soul

- Sábado 26 novembro ás 18.00h - " Muuu " - Teatro para bebés, familiar e infantil de 6 meses a 5 anos - Teloncillo ( no Café - teatro do Pazo )

- Sábado 26 novembro ás 20.00h - " Son " - Fusión de danza - Nova Galega de Danza

* venda de entradas na billeteira do Pazo da Cultura de Narón ou www.padroadodecultura.es (a venda de entradas para espectéculos infantiles e de tarifa reducida farase unicamente a través da billeteira do Pazo)

** +info 981 102 897  e facebook / twitter

#viveopazodacultura

17/10/2016
[comment_count]

Esta fin de semana chega chea de boas propostas para tódolos gustos e idades...

- Sábado 22 outubro ás 20.00horas no Pazo da Cultura: "OSKARA" - Kukai Dantza. - Danza Contemporánea. (moi recomendable)

 Traballo instalativo que percorre algunhas pasaxes da cultura vasca. Mitos, tradicións, símbolos, desde a súa orixe ata a época contemporánea, debuxando un percorrido plástico e emocional entre a cultura tradicional e de vangarda.

+info https://www.padroadodecultura.es/gl/espectaculos/evento/oskara

- Domingo 23 outubro ás 18.00horas no Auditorio Municipal: ESTREA!!!:  "RUBICUNDO" - Ghazafelhos. - Teatro infantil, público familiar e infantil a partir de 5 anos.

Rubicundo cóntanos unha fermosa historia sobre a amizade, a constancia e a posía, abríndonos a posibilidade de perseguir os soños sen sentir límites nin distancias...

+info https://www.padroadodecultura.es/gl/espectaculos/evento/rubicundo-estrea

Tlf billeteira: 981 102 897

#viveopazodacultura

Páxinas