Novas

17/10/2016
[comment_count]

Esta fin de semana chega chea de boas propostas para tódolos gustos e idades...

- Sábado 22 outubro ás 20.00horas no Pazo da Cultura: "OSKARA" - Kukai Dantza. - Danza Contemporánea. (moi recomendable)

 Traballo instalativo que percorre algunhas pasaxes da cultura vasca. Mitos, tradicións, símbolos, desde a súa orixe ata a época contemporánea, debuxando un percorrido plástico e emocional entre a cultura tradicional e de vangarda.

+info https://www.padroadodecultura.es/gl/espectaculos/evento/oskara

- Domingo 23 outubro ás 18.00horas no Auditorio Municipal: ESTREA!!!:  "RUBICUNDO" - Ghazafelhos. - Teatro infantil, público familiar e infantil a partir de 5 anos.

Rubicundo cóntanos unha fermosa historia sobre a amizade, a constancia e a posía, abríndonos a posibilidade de perseguir os soños sen sentir límites nin distancias...

+info https://www.padroadodecultura.es/gl/espectaculos/evento/rubicundo-estrea

Tlf billeteira: 981 102 897

#viveopazodacultura

11/10/2016
[comment_count]

- VENRES 14 ás 21.30h - "Una noche con Enrique San Francisco en Galicia" - Tertulia Produccións. Monólogo no Pazo de Cultura 

- SÁBADO 15 ás 18.00 e ás 19.30h - "Redondo" - Caramuxo Teatro . Teatro para bebés(1 a 4 anos), no Café-teatro do Pazo da Cultura 

- DOMINGO 16 ás 19.00h - "Flamenco tratado" - Choni Cía. Flamenca.

*venda de entradas na billeteira do Pazo da Cultura ou www.padroadodecultura.es

**a venda de entradas dos espectáculos infantís e de tarifa reducida farase unicamente a través da billeteira do Pazo.

+info 981 102 897

11/10/2016
[comment_count]

#AVISO #CANCELACIÓNEVENTO
Debido a causas de enfermidade da nosa actriz de Caramuxo Teatro Sc, que iba a representar o espectáculo para @s pequech@s de "Zapatos", este Sábado 15 no Café-teatro do Pazo da Cultura de Narón, dito espectáculo queda CANCELADO, sendo suplido por outro de semellantes características e indicado para o mesmo tipo de público... @s nos@s nen@s!!
Desculpen as molestias e agardamos que o novo espectáculo sexa do seu agrado e sobre todo d@s pequen@s.
*Os presentamos o novo evento que desenrolarase do mesmo xeito, no Café-teatro do Pazo nas mesmas horas das funcións anterirmente programadas ( 18.00 e 19.30horas ):
Redondo de Caramuxo Teatro Sc
"Redondo" é un espectáculo para a primeira infancia que xoga coas formas.
A mr. Round fascínanlle todos aqueles obxectos redondos, os máis curiosos obxectos con forma de circunferencia. Un día , na súa incesante procura atopará unha asombrosa esfera que agocha historias sorprendentes.
Unha proposta visual, case sen palabras, para gozar en familia.
Duración: 30 minutos aproximadamente.
Público destinado: de 1 a 4 anos e familias.

+info 981 102 897
#viveopazodacultura

logotrans.gif
04/10/2016
[comment_count]

O PRAZO DE MATRÍCULA NAS ESCOLAS CULTURAIS MUNICIPAIS PRORRÓGASE ATA O VINDEIRO VENRES 7 DE OUTUBRO

03/10/2016
[comment_count]

Venres 25 de novembro ás 22.00h estará no Pazo da Cultura de Narón o grupo de soul do momento...FREEDONIA!!!

*As entradas poñeranse á venda ao público xeral o vindeiro luns 17 de outubro, (ata ese día este espectáculo esta en período de reserva de abonad@s), na billeteira do Pazo ou www.padroadodecultura.es

**Prezos: 6.65€ abonad@s, carné Xove ou de estudante (ata 25 anos), desempregad@s

                9.50€ público xeral

*** +info 981 102 897

 

Páxinas