Novas

apagoncultural
10/04/2020
[comment_count]
Durante o período de confinamento pola crise sanitaria o Padroado da Cultura de Narón ven mantendo actividade nas redes sociais, para seguir achegando ao público propostas culturais e artísticas de interese, ao igual que mantén a actividade a distancia das súas Escolas Culturais, co alumnado e profesorado traballando na casa. Seguiremos a facelo mentres non podamos reabrir os nosos espazos e retomar a nosa programación da maneira habitual.  
 
Ao mesmo tempo, somos conscientes de que crise que padecemos ten unha enorme repercusión nos sectores artístico e cultural aos que nos  dedicamos. Agora mesmo perigan milleiros de postos de traballo nestes sectores e, con eles, periga tamén o dereito de todas as persoas a disfrutar da Arte e a Cultura.
 
Para reclamar medidas urxentes de apoio ás Artes e á Cultura, en situación crítica como consecuencia desta crise, o Padroado da Cultura de Narón súmase á convocatoria de  “Apagón Cultural nas redes” hoxe venres e mañá sábado. O domingo, día 13 regresaremos coa actividade pública nas redes sociais e coa actividade a distancia das Escolas Culturais.
 
Porque a Cultura é un dereito da cidadanía. Porque a Cultura é un ben necesario
#ApagónCultural
31/03/2020
[comment_count]

#AVISO

#EspectáculoAprazado



O espectáculo de "UNHA NOITE NA PRAIA", previsto para o sábado 4 de abril, queda APRAZADO para o XOVES 9 de XULLO ás 20h., no Pazo da Cultura de Narón.



TOD@S AQUEL@S QUE XA TEÑADES AS ENTRADAS MERCADAS para os espectáculos que se aprazan, éstas SON VÁLIDAS para as novas datas.

No caso de querer solicitar a devolución e cancelación, hai que chamar al teléfono da billeteira 981 102 897



*As localidades seguen á venda a través da nosa web www.padroadodecultura.es

#ViveoPazodaCultura

Sés
31/03/2020
[comment_count]

#AVISO 
#EspectáculoAprazado

O concerto de SÉS previsto para o venres 3 de abril, queda aprazado para o VENRES 18 de SETEMBRO ás 20.30h., no Pazo da Cultura de Narón.

TOD@S AQUEL@S QUE XA TEÑADES AS ENTRADAS MERCADAS para os espectáculos que se aprazan, éstas SON VÁLIDAS para as novas datas.

No caso de querer solicitar a devolución e cancelación, hai que chamar al teléfono da billeteira 981 102 897

*Ás localidades seguen á venda a través da nosa web www.padroadodecultura.es
#ViveoPazodaCultura

31/03/2020
[comment_count]

#ATENCIÓN #AVISO 

Polas circunstancias de tod@s xa sabidas, vémonos na obriga de facer algúns reaxustes na nosa programación intentando que todos os nosos espectáculos xa confirmados poidan subir ao escenario do Pazo.

Pregamos esteades atent@s nos vindeiros días e tomedes boa nota das novas datas.

A ter en conta tamén que TOD@S AQUEL@S QUE XA TEÑADES AS ENTRADAS MERCADAS para os espectáculos que se aprazan, éstas SON VÁLIDAS para as novas datas.

No caso de querer solicitar a devolución e cancelación, hai que chamar al teléfono da billeteira 981 102 897.



Grazas novamente pola vosa paciencia

...seguimos en #escena 

#ViveoPazodaCultura

#quedamosnacasa

13/03/2020
[comment_count]

O  Concello adopta unha serie de medidas preventivas por mor da crise sanitaria provocada polo COVID 19

Páxinas