Novas

toni-inicio.jpg
25/06/2019
[comment_count]

En breves sairán á venda as localidades para ver ao mentalista Toni Bright no Pazo da Cultura de Narón. O evento terá lugar o sábado 5 de outubro ás 20.00h.

Os prezos serán de 8€ para os nenos ata 10 anos, e de 12€ para o público restante.

Para máis información poden chamar ao 981 102 897.

FotoJet (51).jpg
22/06/2019
[comment_count]

As localidades para ver "Viejo amigo Cicerón" o 28 de setembro, e o concerto o 12 de outubro de Jorge Drexler co seu novo traballo "Silente", levan un ritmo de ventas excelente. 

Se desexan acudir a estos eventos , non demoren na adquisición de localidades.

20/06/2019
[comment_count]

Con data 15/06/2019, o Concello Pleno do Concello de Narón, reuniuse en sesión constitutiva tras as eleccións municipais do 26 de maio do mesmo ano. O artigo 7.2 dos Estatutos do Padroado de Cultura, aprobados por Concello Pleno de data 29/12/2011 (BOP da Coruña nº 47 de 8 de marzo de 2012) establece “…Para a designación dos representantes das asociacións de veciños, entidades culturais e consellos escolares de colexios públicos, o/a presidente/a convocará eleccións, no prazo de tres días dende a constitución do Concello Pleno, tras a celebración das eleccións municipais”. “O decreto da convocatoria da presidencia indicará o prazo e lugar de presentación de candidaturas. O prazo será de 15 días a partir do día seguinte ao do decreto da convocatoria e o lugar de presentación será a secretaría do Padroado da Cultura”. “Ao quinto día despois de rematado o prazo de presentación de candidaturas, deberá procederse ás eleccións. As votacións faranse por grupos, mediante votación secreta e en lista aberta, votando cada entidade a un número de candidatos non superior ao que lle corresponde ao seu grupo na Xunta”. “Serán elixidos os candidatos que obteñan maior número de votos por cada un dos grupos”.

FotoJet (51).jpg
07/06/2019
[comment_count]

O vindeiro mércores día 12 de xuño póñense á venda do público en xeral dous novos eventos.

O primeiro deles será "Viejo amigo Cicerón", interpretado por José María Pou, Bernat Quintana e Miranda Gas; terá lugar o 28 de setembro, ás 20.00h.

O seguinte que sacamos á venda é o concerto de Jorge Drexler, que nos traerá ao Pazo da Cultura o seu novo traballo "Silente". Dito concerto terá lugar o sábado 12 de outubro ás 20.00h.

Poden adquirir as entradas no despacho de billetes do Pazo da Cultura, ou tamén a través da nosa web.

CARTAZ DEBUXO2019.jpg
27/05/2019
[comment_count]

Desde hoxe, 27 de maio, no hall do Pazo da Cultura de Narón..., animádevos a vir e veredes o que traballaron @s nos@s pequen@s grandes artistas!
#ViveoPazodaCultura

Páxinas