XXVI FESTIVAL INTERNACIONAL DE FOLCLORE - NARÓN

Venres, 8 de Xullo de 2016

O Padroado da Cultura do Concello de Narón organiza, desde hai 26 anos, no mes de xullo, o Festival Internacional de Folclore de Narón.

Narón realiza este Festival de Folclore, itinerante, con actuacións nos concellos de: Mugardos, A Coruña e As Pontes, sendo sede do Festival o Pazo da Cultura de Narón, onde se realizan os actos principais.

Este Festival busca dar a coñecer aos veciños e veciñas dos municipios que visita, as diversas manifestacións culturais e tradicións folclóricas, tanto de España como doutras partes do mundo.

Este Festival serve tamén para o Grupo de Danza Tradicional Alxibeira como intercambio con grupos de outras Comunidades Autónomas e doutros países e continentes, actuando en diversos puntos de España así como tamén en: Francia, Alemaña, Polonia, Brasil, Illas Azores, Illa de Madeira,Cuba, Chile...

Este ano contaremos cos grupos de:

Banda de Gaitas e Grupo de Danza Tradicional Alxibeira do Padroado de Cultura do Concello de Narón.

Compañía Sentires, Arxentina.

Asoc. CF. Salmorena Losareña, Cáceres.

Grupo de Folclore Punta Do Sol, Illa Madeira, Portugal.

Folklorni Asamble Doma Kulture "Prnjavor", Serbia.

+info https://www.padroadodecultura.es/gl/espectaculos/evento/xxvi-festival-in...