XX Oenach Atlántico

Luns, 16 de Xullo de 2018

XX Oenach Atlántico, festa celta de Interese Turístico de Galicia, celebra o seu 20 aniversario cunha programación especial de concertos e teatro e con múltiples actividades para os máis pequenos. 
A parroquia de Sedes recrea durante tres días a vida dun poboado celta con representacións tradicionais e acolle actuacións musicais como a de Cristian Silva ou María Fumaça. 
Podes animarte e vir caracterizado como un castrexo e tamén poderás probar hamburguesas e varios produtos de porco celta. Achégate a pasar unha fin de semana diferente e sumérxete en familia no mundo celta!

oenach face.jpg

XX Oenach Atlántico

O Oenach é un evento multidimensional con base etnográfica e antropolóxico-cultural que busca recrear as raíces da cultura e os modos de vida rurais a partir da cultura castrexa. O festival ten lugar arredor da reconstrucción de un grupo de pallozas no cal, durante tres intensas xornadas, se recrea a vida cotiá dunha aldea castrexa, e onde se realizan tamén diversas tarefas cos obxectos da época. Isto da lugar á celebración dunha feria de artesanía galega e unha feria rural con productos do campo e mercado aberto.

Pero, ademáis, Oenach Atlántico inclúe diversas actividades entre as que destacamos o prendido do lume, espectáculos musicais, obradoiros, teatro ou degustación gastronómica do Porco Celta.

Este evento, que naceu hai xa 20 anos, actúa como un dinamizador esencial da veciñanza de Sedes, lugar onde se situúa este festival que nace arredor dunha localización singular: A Feira doTrece, un espazo de encontro e de comercio que tivo o seu apoxeo na segunda metade do século XX.

O Oenach Atlántico é unha das festas con maior percorrido para a difusión e promoción da cultura celta que temos en Galicia. A paixón e implicación dos veciños e veciñas da parroquia de Sedes durante estes 20 anos lograron asentar un proxecto que asumiu o reto de consolidarse coma un proxecto maduro.

Para festexar esta data tan importante, o Concello de Narón aporta por unha proposta organizativa cunha programación moi diversa, de calidade e para todos os públicos, centrada no motivo obxectivo do evento. Por esta razón tanto a selección artística como estética so dúas das líneas principais do traballo deste 20 aniversario, no que a música, o teatro a artesanía ou a gastronomía intetarán achegar ao público uns contidos culturais á altura dunha festa de Interese Turístico de Galicia.

* Programación do venres, 27 de xullo:

22.15h - Acendido do lume

22.30h - Cía. Pablo Méndez

23.00h - Concerto Dubidá Trío

24.00h - Concerto Cristian Silva

* Programación do sábado, 28 de xullo:

11.00 a 14.00h - Espazo de xogos / Obradoiros de arqueoloxía experimental.

11.30h - Animación musical co Cuarteto Rinchón

12.00h - Espectáculo infantil con Raquel Queizás

13.00h - Animación teatral coa Cía. Pablo Méndez

13.30h - Concerto: sesión vermú con Lenda Ártabra

16.00 a 19.00h - Espazo de xogos / Obradoiros de arqueoloxía experimental

16.00h - Animación musical co Cuarteto Rinchón

17.00h - Concerto infantil - María Fumaça

18.00h - Animación teatral coa Cía. Pablo Méndez

22.30h - NOITE NO CASTRO

* Programación do domingo, 29 de xullo:

11.00 a 14.00h - Recreación teatral na campa / Espazo de xogos

11.30h - Obradoiros de arqueoloxía experimental

11.30h - Animación musical do Cuarteto Rinchón

12.00h - Actuación infantil con Tanxarina "Trogloditas"

13.00h - Teatro na campa (teatro comunitario)

16.00 a 19.00h - Espazo de xogos / Animación musical co Cuarteto Rinchón / Obradoiros de arqueoloxía experimental

16.30h - Xogos Paporrubio

17.00h - Actuación infantil con Tanxarina "Trogloditas"

18.15h - Actuación infantil con Tanxarina "Trogloditas"

18.00h - Animación musical co Cuarteto Rinchón

19.00h - Concerto clausura con "Mayalde"