X Concurso de Pintura "Cidade de Narón"

Martes, 6 de Novembro de 2018

O prazo de entrega de obra permace aberto ata o día 9 de novembro

Cartel_X_concurso_pintura.jpg

O Padroado da Cultura do Concello de Narón lembra a todas as persoas interesadas , que o prazo de entrega de obra para o Xº Concurso de Pintura "Cidade de Narón" permanecerá aberto ata o vindeiro día 9 de novembro. A obra poderá ser entregada nas instalacións do Pazo da Cultura de luns a venres en horario de 10 a 14 e de 17 a 22 h.

A exposición das obras estará aberta dende o día 12 ata o 23 de novembro, día no que se fará público o fallo do xurado e se realizará a entrega de premios.