X CERTAME DE ARTESANÍA ANTONIO FRAGUAS

Martes, 29 de Setembro de 2015

A Deputación Provincial da Coruña presenta no Pazo da Cultura de Narón a exposición do X Certame de Artesanía Antonio Fraguas Fraguas

Cartaz Expodepu.jpg

A Deputación Provincial da Coruña presenta no Pazo da Cultura de Narón a exposición do X Certame de Artesanía Antonio Fraguas Fraguas. A Exposición amosa os traballos dos gañadores das dúas categorías: Tradicional: Xosé Manuel Tubio "Xaneco" coa súa obra: "Zanfona- Carneifona" e da categoría Contemporánea: Francisco José Rodríguez Torrón coa súa obra "Rocket Ride". A exposición está composta tamén por unha selección de obras que abranguen diferentes disciplinas artesanais.

A exposición permanecerá visitable no hall do Pazo da Cultura entre o 1 e o 14 de outubro en horarios de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 h. A entrada é de balde.