VIVE O CAMIÑO

Xoves, 7 de Setembro de 2017

O Programa "Vive o Camiño" chega este sábado 9 ao Paseo Marítimo de Xuvia

cartel_naron_A3.jpg

O programa "Vive o Camiño",que desenvolve a Xunta de Galicia coa finalidade de promover o Camiño Inglés e o Camiño Fisterra - Muxía a Santiago, chega este sábado a Narón. 

A partir das 19:00 h. no Paseo Marítimo de Xuvia Isabel Risco e Fran Rei interpretarán "Dous no Camiño" unha montaxe chea de humor sobre dous peregrinos que se atopan facendo o Camiño. Unha comedia chea de risas entorno ás peripecias destes dous peculiares peregrinos.