Victor Manuel en Concerto

Mércores, 5 de Decembro de 2018

O cantante presentará o seu disco Casi nada está en su sitio o vindeiro 19 de xaneiro ás 20.00 no Pazo da Cultura.

O espectáculo estará a venda do público en xeral a partir do día 16 de decembro.

VICTOR_MANUEL_CASI_NADA_ESTA_EN_SU_SITIO.jpg
Casi nada está en su sitio é o primeiro álbum de cancións orixinais de Victor Manuel dende No hay nada mejor que escribir unha canción, alá por 2008. Tras a súa recente participación na exitosa xira El gusto es nuestro 20 años, a publicación de Canciones regaladas, o seu disco de versións xunto a Ana Belén, un libro de memorias e o fenomenal directo 50 anos non é nada, era hora de que novas composicións visen a luz. O propio Víctor describe moi ben o proceso“Nunca escribira tantas cancións seguidas. Non se que aire me deu, pero agora e sempre, o que máis feliz me fai é escribir cancións. Comecei pasadas o nadal e foron saíndo como cereixas enganchadas dun cesto. Cada canción nova chegáballe inmediatamente a David San José – produtor,técnico – para que preparase unha maqueta, cando ía pola dezaoito preguntoume se pensaba facer un dobre, díxenlle que non e seguín compoñendo unas cantas máis ata que decidín parar e custoume traballo, durante días andei sen saber que facer coa miña vida. Todo isto que conto me ocorreu entre o 10 de xaneiro e o 23 de marzo do 2018. Teño unha ilusión parecida a cando vin aos meus fillos dar os primeiros pasos e me ían os brazos cara a eles para evitar que caesen. Así síntome hoxe”.