VERDE QUE TE QUERO VERDE

Xoves, 29 de Xuño de 2017

O domingo 2  de xullo comeza o programa na Praza Irmáns Freire de Xuvia

VQTV.jpg

Coa finalidade de dar a coñecer as diferentes zonas verdes e axardiñadas do concello naceu o programa Verde que te quero Verde, que durante 4 domingos de xullo levará actuacións de diferentes estilos dirixidas ao público familiar aos espazos verdes do concello. O vindeiro domingo día 2 , serán Xoán Curiel e Najla Shami os artistas encargados de abrir o programa na praza Irmáns Freire de Xuvia. Os concertos terán lugar a partir das 12 :30 h. e son totalmente de balde.