Singular IVº Festival Internacional do Monólogo Teatral

Xoves, 7 de Marzo de 2019

Unha mesa redonda abrirá a IVª edición do Festival Singular

Collage.jpg

"Como enfrontarse á creación dun espectáculo unipersoal" é o título da mesa redonda que esta tarde a partir das 19:00 h abre a IVª edición do Festival Singular no Café - Teatro do Pazo da Cultura de Narón. Na mesa intervirán destacadas actrices da escena galega como son Marián Bañobre( Ibuprofeno Teatro), María Barcala (Teatro do Atlántico), Merce Castro(Eme2) e Xesús Ron(Chévere) e moderada pola tamén actriz Iolanda Muíños. A entrada é libre e gratuíta.

O festival continuará o vindeiro día 9 de marzo coa actuación de Rosario Pardo que traerá o seu espectáculo "Los días de la nieve"

+ info: 981 102 897

Foto de Padroado de Cultura Concello de Narón.