Samaín de Trasancos 2018

Mércores, 24 de Outubro de 2018

O vindeiro mércores 31 de outubro celebrarase na pista polideportiva de S. Mateo de Trasancos.

cartel 2018 fin peq.jpg

Os actos de celebración da XXIª edición do Samaín de Trasancos terán lugar, tal e como marca a tradición, o vindeiro mércores 31 de outubro na pista polideportiva  de S. Mateo de Trasancos. O Padroado da Cultura en colaboración coa Agrupación Veciñal de S. Mateo de Trasancos ten preparado unha nutrida programación que comenzará a partir das 17:00 h. e que se extenderá ata ben entrada a noite.

17:00 h. – Exposición de cabazas realizadas nos centros escolares.

17:00 h. - Obradoiros de cabazas e maquillaxe.

19:00 h. – Músicas do samaín: Mamá Cabra: “Historias de Ultratumba”

20:30 h. – Comitiva de Luces e Tebras.

21:00 h. – Obradoiro do medo.

21:15 h. – Música Tradicional a cargo de grupo de gaitas do Padroado da Cultura.

A Agrupación veciñal de S. Mateo de Trasancos, será a encargada de manter o ánimo ergueito a base caldo quente que poderán adquirir todas as persoas presentes por 1€ a ración.