REGULAMENTO DE FUNCIONAMENTO E UTILIZACIÓN DE LOCAIS REXIDOS POLO PADROADO DA CULTURA DO CONCELLO DE NARÓN

Martes, 6 de Xuño de 2017

O Padroado somete a exposición pública o seu novo regulamento

O Padroado da Cultura ven de aprobar en Xunta de Padroado do 1 de xuño un documento no que regula o funcionamento e utilización dos edificios dependentes deste departamento. Neste sentido e en cumprimento do artigo 133 da lei 39/2015 do 1 de outubro do procedemento administrativo común das administracións públicas, somete a exposición pública este regulamento por un prazo de 15 días.