RECEPCIÓN OFICIAL DO XXV FESTIVAL INTERNACIONAL DE FOLCLORE DE NARÓN
A recepción realizouse no Pazo da Cultura de Narón, e estivo presidida polo Alcalde José Manuel Blanco Suárez e a Concelleira de Cultura Marián Ferreiro.
O Alcalde de Narón José Manuel Blanco Suárez e a Concelleira de Cultura Marian Ferreiro Díaz, presidiron a recepción oficial aos grupos que durante este días forman parte do XXV Festival Internacional de Folclore de Narón. Acompañados polos portavoces do grupo Socialista Octavio Dopico, o de Elexinos Narón, Alfonso Casal e o do Grupo popular Miguel de Santiago, deron a benvida a todos os grupos desexándolles unha feliz estancia en Narón. Posteriormente fixóse o protocolario intercambio de presentes así como, a habitual foto de familia.
O XXV Festival Internacional de Folclore de Narón, continúa hoxe a partir das 21:00 h coa actuación dos grupos de Indonesia , México, Illas Azores (Portugal), Extremadura e Narón sobre as táboas do Pazo da Cultura. A entrada é de balde retirando convite nas billeteira do Pazo da Cultura a partir das 19:00 h.
+ Info: 981 102 897