PRESENTACIÓN DO NOVO DISCO DE ENCRUCILLADA - MARBÁN
O evento terá lugar o vindeiro venres 30 de novembro ás 21.00 horas. As invitacións pódense retirar na taquilla do Pazo da Cultura no horario habitual de apertura.
Ao cuarteto tradicional que recorría Ferrolterra nas alboradas das festas, formado polo naronés Antonio López Lago e polos irmáns Alberto e Óscar Maceiras e Héctor Piñeiro de Fene, xuntáronse Javier Rodríguez Castro co acordeón desde San Sadurniño e a voz de Sara Guerreiro desde as Somozas. Cada quen, co seu estilo e experiencia particular compleméntanse agora neste grupo onde diferentes sons (gaita, acordeón, saxo, ocarina, zanfona, percusións tradicionais... etc.) e a voz de Sara Guerreiro dan o seu estilo persoal a pezas de música galega populares e tradicionais.